Decreto 211/2005, do 3 de agosto. Estrutura orgánica da Xunta de Galicia

Establecer a nova estrutura orgánica do Goberno de Galicia, con adecuación ás competencias que ten asumidas e son propias da Comunidade Autónoma

 

Estrutura orgánica da Xunta de Galicia. Fachada Xunta de Galicia foto base web xunta.gal

Consellerías e Departamentos da Xunta de Galicia

Decreto 211/2005, do 3 de agosto, polo que se establece a estrutura orgánica da Xunta de Galicia

Elixido e investido polo Parlamento de Galicia dos poderes propios do presidente da Xunta de Galicia, segundo o Estatuto de autonomía, conforme o disposto nos artigos 15 e 18 da Lei de Galicia 1/1983, do 22 de febreiro, da Xunta e do seu presidente, modificada pola Lei de Galicia 11/1988, do 20 de outubro, en virtude das atribucións que me confire o artigo 26, alínea 1, do mesmo texto legal, e para establecer a nova estrutura orgánica do Goberno de Galicia, con adecuación ás competencias que ten asumidas e son propias da Comunidade Autónoma, e tendo en conta os criterios de eficacia e economía que deben inspirar a actuación e a organización administrativa,

DISPOÑO:

Artigo 1º.

A Xunta de Galicia estará integrada polos departamentos que a seguir se relacionan:

-Vicepresidencia da Igualdade e do Benestar.

-Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza.

-Consellería de Economía e Facenda.

-Consellería de Política Territorial, Obras Públicas e Transportes.

-Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

-Consellería de Innovación e Industria.

-Consellería do Medio Rural.

-Consellería de Cultura e Deporte.

-Consellería de Sanidade.

-Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos.

-Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible.

-Consellería de Traballo.

-Consellería de Vivenda e Solo.

Artigo 2º.

A orde de prelación das consellerías é a que se establece no artigo anterior.

Disposición derrogatoria.

Quedan derrogadas cantas disposicións de igual ou inferior rango se opoñan ao disposto neste decreto.

Disposicións derradeiras.

Primeira.

O Consello da Xunta de Galicia adoptará as medidas necesarias para adecuar a estrutura dos distintos organismos obxecto de regulación deste decreto, dentro da política de racionalización e redución do gasto público.

Segunda.

A Consellería de Economía e Facenda realizará as modificacións e habilitacións orzamentarias precisas para o cumprimento do previsto neste decreto, sen que en ningún caso poidan orixinar incremento de gasto.

Terceira.

Este decreto entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, tres de agosto de dous mil cinco.

Emilio Pérez Touriño.

Presidente.