Os tratamentos protocolarios en galego

Neste campo non podemos falar de normativa lingüística, senón de costumes sociais con tradición histórica

 

Reunion FEMP. Cuarto encuentro de la Federeación Española de Municipios y Provincias. protocolo.org

Los tratamientos protocolarios en lengua gallega

El uso de los tratamientos en documentos administrativos y solemnes

Neste campo non podemos falar de normativa lingüística, senón de costumes sociais con tradición histórica. Actualmente, este tipo de tratamentos están a desaparecer dos documentos administrativos cotiáns. Recoméndase usar os tratamentos protocolarios só en documentos solemnes coma o saúdo ou a invitación.

O tratamento administrativo xeral é de vós.

1. Uso de abreviaturas

De se utilizaren abreviaturas nos tratamentos, teranse que escribir con maiúscula inicial. Por exemplo:

Ilustrísimo Señor (limo. Sr.)

2. Persoas con dobre tratamento protocolario

Polo que respecta ás persoas que poden ter un dobre tratamento protocolario, compre usar o tratamento protocolario superior. Por exemplo, en Cataluña teñen un tratamento específico para designar algúns cargos autonómicos, Moi Honorábel Señor e Honorábel Señor. Se un ex-presidente do parlamento de Cataluña, que ten o tratamento de Moi Honorábel Señor é tamén deputado (Honorábel Señor), corresponderalle o tratamento de Moi Honorábel Señor por ser este un tratamento maior.

3. Persoas con dobre cargo

Nos casos de persoas que ocupen cargos con tratamentos diferentes, compre empregar a forma do cargo en virtude do que nos diriximos nese momento. Por Exemplo:

Se un alcalde dunha cidade de menos de 100.000 habitantes é ao mesmo tempo o presi¬dente dunha Deputación Provincial, tratarase de Señoría se vai en condición de alcalde e de Excelentísimo Señor se vai en condición de presidente da Deputación Provincial.

4. Tratamentos vitalicios

Compre ter en conta que os tratamentos dos ex-presidentes da Xunta e do Parlamento, o dos ex-conselleiros e os dos ex-presidentes dos organismos territoriais escollidos por sufraxio son vitalicios.